AutoresNovidadesColecciónsDistribuidoresNoticias







 

AUTORES



Ilse Aichinger

Ilse Aichinger
(Viena, 1921), coa entrada das tropas hitlerianas en Austria, en 1938, foi despoxada da súa casa e sufriu a persecución, o horror e o medo implantado polo réxime nazi e os seus cómplices, pero sobre todo a pérdida dos seus seres queridos. Tras a guerra, a esperanza de volver a ver a súa avóa, que foi deportada a un campo de concentración xunto con outros familiares e amigos non puido verse realizada: foron asasinados. Comenza entonces os seus estudos de Medicina, que abandona para concluir a súa primeira e hasta a actualidade única novela  A esperanza máis grande (1948). Publicou tamén narracións curtas, ensaios, escenas, relatos radiofónicos e textos sobre o cine. Os seus textos están considerados hoxe textos clásicos da literatura en lingua alemá. Cun dos seus relatos breves, A historia do espello, recibiu xa en 1952 o premio do Grupo 47, do que formaban parte tamén Günter Grass, Ingeborg Bachmann, Günter Eich ou Heinrich Böll. En 1995 obtivo o Gran Premio de Literatura de Austria polo conxunto da súa obra e, en 2000, o Premio Joseph Breitbach, que compartiu con Markus Werner e W. G. Sebald. Nos seus poemas condénsanse os rasgos básicos da súa poética: crítica e renovación da linguaxe poética, inconformismo e compromiso. Os marxinados e os extraviados volven nas súas palabras, ou quizáis, máis intensamente, nos silencios que se abren entre elas. É a primeira vez que se traduce ao español a súa poesía, un consello furioso e gratuito que nos deixa a escritora.

 

 

 

Autores

EDICIONES LINTEO I Primavera, 4 - 32005 Ourense - España I TEL 988 247 864 - FAX 988 247 163 I E-MAIL: linteo@edicioneslinteo.com