AutoresNovidadesColecciónsDistribuidoresNoticias







 

AUTORES




Héctor E. Ciocchini

Héctor E. Ciocchini naceu en 1922 en La plata, provincia de Buenos Aires, Arxentina. Nesa cidade estudiou e realizou a súa primeira actividade docente. Máis tarde foi profesor titular das cátedras de Literatura Española, Literatura Europea e Estilística na Universidad Nacional del Sur. O Instituto de Humanidades en Bahía Blanca, en cuxa creación interveu activamente, o Warburg Institute de Londres, os cursos e seminarios ditados en numerosas universidades de Europa e de América son algúns dos fitos máis importantes da tarefa intelectual do autor. A súa creación poética (trece libros) alterna con estudios críticos, nos que Ciocchini manifesta o seu amor polo mundo clásico (Góngora e os emblemas, Garcilaso e a medida áurea, Quevedo e as sereas) e a obra de autores contemporáneos como Rimbaud, S. Weil, R. Char, Paul Valéry, Rilke, María Zambrano, Vicente Aleixandre, Lorca, Borges.
 

 

Autores

EDICIONES LINTEO I Primavera, 4 - 32005 Ourense - España I TEL 988 247 864 - FAX 988 247 163 I E-MAIL: linteo@edicioneslinteo.com