AutoresNovidadesColecciónsDistribuidoresNoticias







 

AUTORES



Nikolái Gumiliov

Nikolái Gumiliov
(1886-1921) é un dos máis destacados membros do círculo de poetas o que pertencen autores xa tan consolidados en España como Anna Ajmátova e Ósip Mandelshtam, e un dos fundadores do acmeísmo.
A difusión da súa obra en Rusia e no mundo estivo suxeita durante todo o século pasado ós avatares do bolxevismo e o antibolxevismo.
Agora, con esta antoloxía, queremos presentar ós lectores de fala española a traxectoria na que Gumiliov se inscribe como poeta por excelencia da aventura e da exaltación poética mais insubornábel. Comezamos a antoloxía por Ógnenny stolp (Columna de lume, 1921), o poemario que probabelmente constitúe o akmé, o pico, o cenit, desta traxectoria, editado pouco antes do fusilamento do autor ós 35 anos de idade. Iluminando dende ese punto, a antoloxía segue unha orde cronolóxica inversa, que é o que nos parece que corresponde á nosa visión, forzosamente retrospectiva.

 

 

 

 

Autores

EDICIONES LINTEO I Primavera, 4 - 32005 Ourense - España I TEL 988 247 864 - FAX 988 247 163 I E-MAIL: linteo@edicioneslinteo.com