AutoresNovidadesColecciónsDistribuidoresNoticias







 

AUTORES



Friedrich Hölderlin

Friedrich Hölderlin
(1770-1843), un dos máis grandes poetas líricos alemáns, autor ademais da produción poética, ensaios e obras clave da literatura europea (Hiperión, La muerte de Empédocles), explica que Cantos (Gesänge), son “poemas maiores, illados e líricos” (einzelne lyrische größere Gedichte). A capacidade poética de Hölderlin ten unha estraña aptitude para sobrevivir á loucura. Incluso algúns dos seus poemas máis tardíos, escritos cando xa levaba trinta anos encerrado na torre de Tubinga, teñen un raro rigor formal, mesmo unha certa vibración lírica.
Os versos do último poema que escribiu antes de que o mundo acabara apartándoo, primeiro en Homburg e logo en Tubinga, e antes de que a súa mente se internara nas néboas máis densas— son unha perfecta síntese da súa vida e da súa obra: “Pero un anhelo sempre / tende á liberdade. E é moito / o que hai que reter”. A liberdade foi o norte da súa vida. O que retivo convertiuno na súa obra.

 

 

Autores

EDICIONES LINTEO I Primavera, 4 - 32005 Ourense - España I TEL 988 247 864 - FAX 988 247 163 I E-MAIL: linteo@edicioneslinteo.com