AutoresNovidadesColecciónsDistribuidoresNoticias








 

AUTORES



Margalit Matitiahu

Margalit Matitiahu naceu en 1935, en Tel Aviv (Israel), onde, tras o Holocausto e a Segunda Guerra Mundial, se estableceron os seus pais procedentes de Salónica (Grecia) e descendentes de Xudeoespañois de León, levando con eles o ladino ou sefardí, que Matitiahu aprendeu dende o seu nacemento. Posteriormente realiza estudos de Literatura Hebrea e Filosofía na Universidade de Bar Ilan.
En 1988 publicou Curtijo Quemado, un emotivo testemuño da destrución nazi escrito durante unha viaxe no verán de 1986 ás comunidades xudías de Grecia.
Dende entonces, os libros en ladino (sefardí) sucedéronse, publicando en 1992 Alegrica, en 1997 Matriz de luz e Vela de la luz, no 2000 Camino de tormento, 2001 Bozes en la shara e no 2004 Vagabondo eternel, Despertar el selencio.                     
En hebreo publicou Por el vidro de la ventana 1976, El no selencio veraniego 1979, Cartas blancas 1983, Exposada 1987, e Escaleras de media noche 1995.
Recibiu numerosos premios, entre eles o “Ateneo de Jaén” 1996, o “Fernando Jeno” 1994, da comunidade xudía de México, o “Premio de Creación del Primer Ministro” 1999, o alto galardón que se concede nas letras israelíes, e o “Premio de Poesía de la Academia Internacionala Oriente-Occidente” en Curtea de Arges, Rumanía, 2003.
 

 

Autores

EDICIONES LINTEO I Primavera, 4 - 32005 Ourense - España I TEL 988 247 864 - FAX 988 247 163 I E-MAIL: linteo@edicioneslinteo.com