AutoresNovidadesColecciónsDistribuidoresNoticias







 

AUTORES




Ricardo Molina

Ricardo Molina (Puente Genil, 1917-Córdoba, 1968) exerceu a docencia en Córdoba, cidade na que vai decorrer toda a súa sinxela peripecia vital ata a súa morte. Poeta do Amor e da Vida, o seu propio corpo e a súa mesma alegría de vivir sérvenlle de poderoso instrumento para o coñecemento e comprensión do mundo, no que harmoniosamente se instala. Frente a quen se recrean morbosamente na dor e sacrifican o gozar do instante a unha ascética renuncia, levados por un pesimismo existencial ou unha dubidosa transcendencia, Molina opta polos máis "terrestres alimentos", por "el ruiseñor, la rosa/ la primavera bella y solitaria", que florecen nos "prados del mundo"; é dicir, por un hedonismo radiante e asequible, a pesar das estreitezas da existencia cotiá que lle toca vivir: "estar allí en la vida que latía/ en la canción del tordo, en el seto florido,/era bastante. Otra sabiduría/ no quise". Pero este luminoso epicureísmo co peso dos anos e o asedio da enfermidade vai tinguirse dun resignado estoicismo, moi cordobés, ante a adversidade irrevocable: "La primavera... y yo, triste, sufriendo/ en cada soplo de mi boca/ la indiferencia inmensa y absoluta/ de la tierra y el cielo". (Carlos Clemenston).
 

 

Autores

EDICIONES LINTEO I Primavera, 4 - 32005 Ourense - España I TEL 988 247 864 - FAX 988 247 163 I E-MAIL: linteo@edicioneslinteo.com