AutoresNovidadesColecciónsDistribuidoresNoticias







 

AUTORES



Ramón Pérez Carrió

Ramón Pérez Carrió (Pedreguer, Alicante, 1960). Desde 1979 a 1984 cursa estudios de Bioloxía e Filosofía na Universidade de Valencia. É licenciado en Belas Artes pola Universidade Politécnica de Valencia. En 1991 foi membro fundador do Grupo De Reüll. En 1996 participa na organización do proxecto Movimiento-Inercia en Valencia, e en 1998 en Injerencias en Puerto de Sagunto. A súa profesión e a súa vida son as artes plásticas. Desde 1982 a súa obra ten sido exposta en numerosas cidades de España ademais de Francia, Italia, Holanda, Suiza, México, Chile.

Da súa obra cabe destacar a instalación Libros de Plomo, itinerante e premiada polos medios de comunicación en Art-Ibiza 99. Ao longo da súa traxectoria a súa obra ten sido galardoada en importantes certames nacionais e internacionais. Sempre tivo unha estreita relación coa filosofía e coa literatura, especialmente coa poesía. Introduce o gravado calcográfico no ámbito editorial. En 1999 inicia, con Ediciones LINTEO, a colección Font de la Cometa que, con Sepulcro en Tarquinia de Antonio Colinas e Tres Lecciones de Tinieblas de José Ángel Valente, ofrece unha liña de edicións artesanais creativas.

 

 

Autores

EDICIONES LINTEO I Primavera, 4 - 32005 Ourense - España I TEL 988 247 864 - FAX 988 247 163 I E-MAIL: linteo@edicioneslinteo.com