AutoresNovidadesColecciónsDistribuidoresNoticias







 

AUTORES



Millán Picouto

O labor literario principal e máis constante de Millán Picouto (Ourense, 1949) leva sido a escritura da serie de obras dramáticas das que a publicación de Ciclo de Venus (Linteo, 2001) inaugurou a edición enteira, organizada en ciclos planetarios. Seguiron a continuación Ciclo de Mercurio (2002), Ciclo da Terra (2006), Ciclo de Marte (2007), Premio Asociación de Escritores en Língua Galega 2008, Ciclo de Xúpiter (2008), Macrocosmos (2009), tradución ao castelán das obras anteriores. Nestas obras teñen cabida temas como o amor e a morte, a eterna danza da vida e do soño, o ocaso da Roma republicana, a historia de Galicia, o reino da Bretaña do rei Arturo, a ruína da Illa de Páscoa, o Ourense da Baixa Idade Media, o Xapón dos samurais, a China baixo o poder mongol, a Islandia viquinga...
Millán Picouto
ten publicados, de xeito independente, algúns textos dramáticos como Silvania (1978), María Soliña (1994) e Prisciliano en Tréveris (1995), estes dous últimos con partitura vocal e instrumental. No mesmo camiño, con intencións didácticas, publicou Escola Coral de Poesía e de Música (1997). A súa obra poética está recollida en Obra lírica completa (2000).

 

 
Autores

EDICIONES LINTEO I Primavera, 4 - 32005 Ourense - España I TEL 988 247 864 - FAX 988 247 163 I E-MAIL: linteo@edicioneslinteo.com