AutoresNovidadesColecciónsDistribuidoresNoticias







 

AUTORES



Luis Pimentel

A poesía de Luis Pimentel (Lugo, 1895-1958) sae do silencio e do apartamento da provincia, pero con sentido de universalidade, de ser palabra para todos, o que converte o autor nunha das voces máis auténticas, delicadas e fermosas da poesía galega do século XX. Médico de profesión, Luis Pimentel levou unha existencia calada e discreta, sen xestos e ademáns grandiosos. Hai, certamente, unha gran consonancia entre o seu discreto transitar pola vida e o ton dos seus versos. A morte, os nenos, a existencia, o amor... son algúns dos temas que percorren este poemario.

 

Autores

EDICIONES LINTEO I Primavera, 4 - 32005 Ourense - España I TEL 988 247 864 - FAX 988 247 163 I E-MAIL: linteo@edicioneslinteo.com