AutoresNovidadesColecciónsDistribuidoresNoticias








 

Narrativa
     
 

Cancodrilo vai á escola
Xabier López Mateos

 
 


Ilustradores Javier Rey Feijoo e Silvia González Sánchez

 
     
     
 

Cancodrilo é un animaliño humanizado e infantil, semella a un neno que quere aprender e enfrentarse ao mundo cotián. É inocente e sempre trata de descubrir algo novo. Nas súas historias acompáñanlle varios personaxes, entre eles destaca o seu mellor amigo Ourizopicón, Adela, Laura, Nico, Brais, Susito e Raias. Os protagonistas son unha mestura de personaxes humanos e animais humanizados que conviven sen diferencias aprendendo uns dos outros.
Os contos pretenden transmitir unha mensaxe aos máis pequenos, as historias teñen unha finalidade didáctica, educativa e divertida, de amistade así coma de respeto, estos valores intégranse e foméntanse nas series. Os contos son independentes uns dos outros. Os protagonistas son amigos que van descubrindo o mundo que lles rodea, moitas veces meténdose en lios, aprendendo cousas novas e útiles. As veces teñen medo das cousas simplemente porque non as coñecen, e precisamente por iso, hai que darlles a oportunidade de descubrilas,  deste xeito os nenos síntense identificados cos personaxes.

Para nenos a partir de 3 anos

 
     
  COLECCIÓN: Linteo Infantil e Xuvenil
ISBN: 978-84-942551-9-9
ANO: 2016, (1ª ed. en galego)
PÁXINAS: 32
TAMAÑO: 21 x 23,5 cm.
PVP: 10,90 Euros
VOLVER


Coleccións

EDICIONES LINTEO I Primavera, 4 - 32005 Ourense - España I TEL 988 247 864 - FAX 988 247 163 I E-MAIL: linteo@edicioneslinteo.com