AutoresNovidadesColecciónsDistribuidoresNoticias








 

Narrativa
     
 

Enrique Pajón
Educador de sentimientos

María Fernanda Santiago Bolaños (Coord.)

 
     
     
 

A figura e a obra de Enrique Pajón (1930), profesor da Universidade Complutense de Madrid, merecen, desde hai xa moito tempo, este libro; un libro que intenta recoñecer o labor dun mestre, dun intelectual, de alguén, polo tanto, cuxa palabra e cuxa acción ensinan a facer máis propia, máis ampla, máis libre e máis creadora a mirada.
Complétase o volume-homenaxe con catro valiosos «documentos»: unha carta de Buero Vallejo, outra de Ludwig Schakowicz, un extracto da presentación que Laín Entralgo fixo na Biblioteca Nacional con motivo da publicación de El ser y el hombre, e, como non podía ser menos, as palabras de Enrique Pajón para pechar o círculo: un traballo suxerente, definitivo e novidoso en moitos dos
seus deliñamentos que titula «Ceguera y Literatura». Se se di que unha imaxe vale máis que mil palabras, habemos dicir que cada palabra de Enrique Pajón Mecloy é quen de xerar, polo menos, mil imaxes.

Enrique Pajón Mecloy, galego de Espasante nacido en Cuba en 1930, é Doutor en Filosofía, licenciado en Pedagoxía e diplomado en Maxisterio, lingua francesa, etruscoloxía e antigüidades itálicas. Foi profesor de Historia Comparada das Relixións, na Universidad Complutense de Madrid, director da Imprenta Nacional Braille, desde 1957 a 1960, e director da Sección de Cultura da ONCE ata 1981, tarefas que compartiu coa representación no Consello Mundial do Braille e coa vicepresidencia do G.I.A. Fundou a revista Sirio,
editada pola ONCE, que dirixiu ata 1964. En 1973 recibiu o Premio Doctor E. V. L. Brown, polo seu labor a prol do desenvolvemento da cultura.
Pero, maiormente, Enrique Pajón é un intelectual na máis excelsa extensión da palabra, alguén que abre vieiros á reflexión e á acción que tal ha levar aparellada.
A súa obra recóllese en títulos como Psicología de la ceguera, El ser y el hombre, Buero Vallejo y el antihéroe, El ser y la libertad, Ser y pensar, Ludwig Schajowicz o la razón sin fronteras, Voluntad de hombre, no ámbito da filosofía, ou Paisaje de guerra con una paloma al fondo e Dos relatos diferentes, no da creación literaria.

 
     
  COLECCIÓN: Lintei Libri
ISBN: 84-930058-4-3
ANO: 2000, 1ª ed.
PÁXINAS:272
TAMAÑO: 16,5 x 23,5 cm.
PVP: 15,03 Euros
VOLVER
Coleccións

EDICIONES LINTEO I Primavera, 4 - 32005 Ourense - España I TEL 988 247 864 - FAX 988 247 163 I E-MAIL: linteo@edicioneslinteo.com