AutoresNovedadesColeccionesDistribuidoresNoticias








 

 

Novedades


  

Poesía completa
Stefan George

Linteo Poesía nº 45

Tradución de José Luis Reina Palazón

Stefan George encomiado como o artífice do novo clasicismo lírico alemán, revélase hoxe en día como referente indiscutíbel para todos aqueles que conciben a poesía como a Arte por excelencia. Buscador incansábel da beleza e mestre da palabra, a súa obra supuxo unha auténtica revolución na linguaxe poética alemá.

     
  

Que tal, vexetal?
3ª Edición


Saxton Freymann e Joost Elffers

Linteo Infantil e Xuvenil

Tradución de Millán Picouto

Dispoñible tamén en Castelán e Catalán

Para as ilustracións deste libro, os autores percorreron os mercados da área metropolitana de Nova York buscando hortalizas expresivas. Talláronse cun simple coitelo Exacto e realzáronse con outras materias naturais, tales como os feixós pencados para os ollos e zume de remolacha para as bocas. Despois fotografáronse conseguindo o estado de ánimo desexado da forma máis orixinal e divertida.

     
  

El verdadero Shakespeare
John Thomas Looney

Lintei Libri

Tradución de Millán Picouto

O lector desde libro non quedará indiferente e tomará partido sobre a solución que propón o problema da autoría da obra de William Shakespeare. As reflexións e investigacións de John Thomas Looney, expostas aquí con singular fondura e claridade, cobran forza despois de case un século desde a súa publicación.

     
     
  

Cancodrilo vai á escola
Xabier López Mateos

Linteo Infantil e Xuvenil

Ilustradores: Javier Rey Feijoo e
Silvia González Sánchez

Cancodrilo é un animaliño humanizado e infantil, semella a un neno que quere aprender e enfrentarse ao mundo cotián. É inocente e sempre trata de descubrir algo novo. Nas súas historias acompáñanlle varios personaxes, entre eles destaca o seu mellor amigo Ourizopicón, Adela, Laura, Nico, Brais e Susito.

     
  

Cancodrilo na horta
Xabier López Mateos

Linteo Infantil e Xuvenil

Ilustradores: Javier Rey Feijoo e
Silvia González Sánchez

Os protagonistas son unha mestura de personaxes humanos e animais humanizados que conviven sen diferencias aprendendo uns dos outros.

     
  

Cancodrilo pinta
Xabier López Mateos

Linteo Infantil e Xuvenil

Ilustradores: Javier Rey Feijoo e
Silvia González Sánchez

Os contos pretenden transmitir unha mensaxe aos máis pequenos, as historias teñen unha finalidade didáctica, educativa e divertida, de amistade así coma de respeto, estos valores intégranse e foméntanse nas series.

     
  

Cancodrilo aforra
Xabier López Mateos

Linteo Infantil e Xuvenil

Ilustradores: Javier Rey Feijoo e
Silvia González Sánchez

Os contos son independentes uns dos outros. Os protagonsitas son amigos que van descubrindo o mundo que lles rodea, moitas veces meténdose en lios, aprendendo cousas novas e útiles.

     
  

Cancodrilo na granxa
Xabier López Mateos

Linteo Infantil e Xuvenil

Ilustradores: Javier Rey Feijoo e
Silvia González Sánchez

Os protagonistas as veces teñen medo das cousas simplemente porque non as coñecen, e precisamente por iso, hai que darlles a oportunidade de descubrilas, deste xeito os nenos síntense identificados cos personaxes.

     
  

La joven parca
Paul Valéry

Linteo Poesía nº 44

Tradución de Antonio Martínez Sarrión

Máis definido e alto El cementerio marino, a outra gran obra en verso de Paul Valéry? Cada lector opinará. O certo é que as dificultades, padecementos, meandros e barroquismos retóricos de La joven parca non decepcionarán xamais ó lector desta xoia.

 

 

     
  

Anne Sexton: un autorretrato en cartas
Linda Grey Sexton e Lois Ames

Lintei Libri

Anne Sexton deixou un legado de cartas, poemas e libros. Para facer este volume fixemos unha selección a través de máis de 50.000 anacos de papel cubrindo datas que van desde a súa infancia ata a súa morte. Foi excepcional á hora de manter correspondencia con alguén. Escribiu longas cartas cada día, das que mantivo unha copia en papel carbón. Ademáis, Anne mantivo unha ampla colección de fetiches e recordos: caixas de fotografías, álbums, invitacións e tarxetas de baile. Todo un documental da súa vida. Só poidemos escoller as mellores cartas e as máis representativas. Tentamos presentar unha imaxe equilibrada da vida de Anne como a entendemos agora.

Nota dos editores

 

     
  

Poesía completa
Wilfred Owen

Linteo Poesía nº 43

Tradución de Antonio Linares Familiar

Ler a Wilfred Owen (1893-1918) é ler unha das grandes voces da Primeira Guerra Mundial; ler uns poemas nos que aparecen a pulsión da batalla, o medo, a angustia ou o alivio como cantos de vida e, sobre todo, compasión; unha compasión imbricada na comprensión hacia aqueles homes cos que compartiu trincheira, cos que chegou á consciencia dos aspectos máis desalmados da loita; unha experiencia vital que fixo que para o noso autor a alma da súa poesía fora a guerra e a dor que causaba: unha poesía da dor.

     
  

Sancho Panza, gobernador de Barataria
Miguel de Cervantes Saavedra

Lintei Libri

Próximos a celebrar o IV centenario da publicación da segunda parte do Quijote en 1615 ofrecemos, ó lector interesado, os capítulos 45, 47, 49, 51 e 53, ilustrados con fermosas estampas e letras capitulares polo pintor e grabador Ramón Pérez Carrió (Pedreguer, 1960).

     
  

Libro de las canciones
Heinrich Heine

Linteo Poesía nº 18

Tradución de José Luis Reina Palazón

LIBRO ESGOTADO

OFRECEMOS IMPRESIÓN DIXITAL BAIXO DEMANDA PARA CLIENTES PARTICULARES
714 páxs. 21x14 cm.
PVP 24,90€ + gastos de envío
Interesados contactar con:
linteo@edicioneslinteo.com
Oferta dispoñible para Península e Baleares



     
  

Motivos ajenos
Residuos

Álvaro Alves de Faria

Linteo Poesía nº 42

Tradución de Montserrat Villar

En diversos anos centrais do século XX converxeron na cidade de Ourense numerosos talentos dedicados a Galicia: Antón Losada Diéguez, Vicente Risco, Florentino López Cuevillas, Ramón Otero Pedrayo, Eduardo Blanco Amor…, varios dos cales constitúen o grupo principal do chamado Grupo Nós. Esta converxencia foi a que acreditou o nome de “Atenas de Galicia” para Ourense. Claudio Rodríguez Fer



     
  

Ourense, Atenas de Galicia
Xosé Manuel del Caño

Colección Aberta

En diversos anos centrais do século XX converxeron na cidade de Ourense numerosos talentos dedicados a Galicia: Antón Losada Diéguez, Vicente Risco, Florentino López Cuevillas, Ramón Otero Pedrayo, Eduardo Blanco Amor…, varios dos cales constitúen o grupo principal do chamado Grupo Nós. Esta converxencia foi a que acreditou o nome de “Atenas de Galicia” para Ourense. Claudio Rodríguez Fer



     
  

O soño galego de Julio Cortázar
Francisco X. Fernández Naval

Colección Aberta

Francisco X. Fernández Naval, afonda nas relacións que o escritor arxentino mantivo con Galicia e cos galegos do exilio e da emigración, así como a visión que tivo deles e da que deixou constancia na súa obra. Conmemora de maneira festiva o centenario do nacemento de Cortázar, amosando a rica e intensa presenza na cultura galega contemporánea do escritor.

 



     
  

La muerte del Sol
Millán Picouto

Lintei Libri

Saturno, símbolo do tempo e da fame devoradora da vida, que consume todas as súas creacións, empeza por presidir a «TRILOXÍA INCAICA». A traxedia ATAWALLPA OU A MORTE DO SOL representa a destrución do poder dos incas pola ambición dos conquistadores españois e da rebelión do protagonista, cuxo enfrontamento co seu irmán Waskar coincide có avance inexorable das hostes de Pizarro cara ao Cusco imperial.

 



     
  

Cuentos de princesas
Grace Maccarone e Gail de Marcken

Linteo Infantil e Xuvenil

Explora o mundo de Érase unha vez...
Dez contos de princesas nos que podes buscar e atopar cousas divertidas con ilustracións que agochan tesouros e abalorios.

Para nenos a partir de 7 anos.

 

     
  

Mi Taishan
Patrizia de Rachewiltz

Linteo Poesía nº 41

Tradución de Viorica Patea e Antonio Colinas

Mi Taishan (nome dunha das cinco montañas sagradas de China) é un libro de memorias, de meditacións e soños, escrito nun estilo imaxista que pasou polo filtro da postmodernidade. Poesía confesional, coa que a autora nos ofrece, trascendéndo, o retrato da súa vida e o da súa familia: o seu avó Ezra Pound, a súa nai Mary, a súa avóa Olga...

 



     
  

Las piedras de Jerusalén
Lasse Söderberg

Linteo Poesía nº 40

Tradución de Ángela García

Lasse Söderberg ofrécenos un conmovedor discurso poético ("non son peregrino nin profeta"), que integra o concreto e o abstracto, a cotidianeidade e a cultura, o anecdótico e o histórico dunha cidade milenaria como Jerusalén. Co singular poder da representación da poesía dialóxica, mósstranos unha visión non occidental nin orientalista senón secular e descolonizadora da complexa realidade do Medio Oriente.



     
  

Antología poética
John Clare

Linteo Poesía nº 39

Tradución de Eduardo Sánchez

John Clare, nacido a finais do século XVIII, cunha linguaxe sinxela e vocabulario campesiño, transmítenos os sentimentos e as vivencias de todo un pobo que, aínda que pequeno, abarca o espazo e os sentimentos universais que aniñan no corazón do ser humano.

 



     
  

Zona desmilitarizada
Vladímir Vysotski

Linteo Poesía nº 38

Tradución de Oleg Shatrov

Vladímir Semiónovich Vysotski (Moscova, 1938-1980) foi cantante, compositor, poeta e actor. Desempeñou unha gran influencia na cultura rusa de tal xeito que pode decirse que foi a conciencia do seu país durante os anos setenta. Como poeta, destaca non só polo seu atrevemento social, senón tamén pola súa valentía artística.

 



     
  

Libros de amor
Juan Ramón Jiménez

Linteo Poesía nº 12

Edición crítica, introdución e notas de
José Antonio Expósito

Terceira edición correxida e aumentada con 12 poemas inéditos.

 



     
  

Apartamiento
Juan Ramón Jiménez

Linteo Poesía nº 37

Edición crítica, introdución e notas de
Joaquín Llansó e Rocío Bejarano

«Tiene este libro un olor que me recuerda / el olor que tenía mi madre. Un sosegado / aroma de recato, sin explosión, esencia / íntima de un placer vivo y velado…». Así comeza un dos corenta poemas inéditos que contén Apartamiento, libro escrito por Juan Ramón Jiménez entre 1911 e 1912. Ediciones Linteo rende unha vez máis unha homenaxe ao insigne poeta de Moguer.

 



     
  

Poesía completa
Anne Sexton
Linteo Poesía nº 36

Tradución de José Luis Reina Palazón

Poeta de voz fráxil e ousada, Anne Sexton converteu a experiencia –sentimental e corporal– de ser muller no tema central da súa poesía. A materia da vida de Anne, disecada de xeito desapiadado, está aquí nos seus poemas.




     
     
  

La corona en tu cabeza
Nancy Tillman
Linteo Infantil e Xuvenil

"El día en que tú naciste y te puse en tu cunita,
vi una corona en lo alto de tu cabecita.

Era una corona resplandeciente, brillante,
como la luz de la luna y de las luciérnagas,
como las alas de las libélulas."



     
  

La noche en la que tu naciste
Nancy Tillman
Linteo Infantil e Xuvenil

La noche en la que tu naciste,
la luna tan maravillada sonrió
que las estrellas para verte se asomaron furtivas,
y el viento en la noche susurró,
"La vida ya nunca será la misma."



     
  

Tumford el travieso
Nancy Tillman
Linteo Infantil e Xuvenil

Tumford nunca ten a intención de causar problemas, eles sempre parecen encontralo. Este precioso conto fascinará a calquera que se sentiu culpable algunha vez sobre algo, pero que lle custou moito tempo dicilo.


     
     
  

Quen lle ten medo á Carapuchiña vermella?
Sara Sahinkanat y Ayse Inan Alican

Para nenos a partir de 4 anos

Neste fermoso libro a nai do lobiño é quen aconsella ao seu fillo e o prevén sobre como ten que comportarse no caso de atopar a Carapuchiña e o cazador no camino. Porque os lobos están fartos de ser os malos dos contos. O protagonista desta historia é un lobiño moi enxeñoso.




     
  

É hora de durmires, meu amor
Nancy Tillman
Linteo Infantil e Xuvenil

"É hora de durmires, meu amor, é hora de durmires". Moitos pais celebrarán esta oportunidade de dicir aos seus fillos cánto de especiais e queridos son.

 

     
  

O Espírito do Nadal
Nancy Tillman
Linteo Infantil e Xuvenil

Chega o Nadal, soan campás, as estreliñas brillan nas árbores e os nenos soñan con xoguetes. Pero o mellor agasallo de todos, o máis máxico, é pasalo cos seres queridos.

 

     
  

No colo de mamá
In mama's arms

April T. Evans
Linteo Infantil e Xuvenil

Para nenos a partir de 4 anos

A Colección Bilingüe é unha serie de libros que agrupa narracións infantís presentadas en galego e inglés, co fin de familiarizar e reforzar a correspondencia dos dous idiomas.

 

     
  

Onde ti esteas...
Nancy Tillman
Linteo Infantil e Xuvenil

Onde ti esteas... o meu amor encontrarate.
Amor é o agasallo máis grande que podemos dar aos nosos nenos. É a única cousa que poden levar con eles todos e cada un dos días.

 

     
  

Os gatos na lúa
The cats on the moon

Jeanette Castelli
Linteo Infantil e Xuvenil

Para nenos a partir de 4 anos

A Colección Bilingüe é unha serie de libros que agrupa narracións infantís presentadas en galego e inglés, co fin de familiarizar e reforzar a correspondencia dos dous idiomas.

 

     
  

Que tal, pequeniño?
Saxton Freymann e Joost Elffers
Linteo Infantil e Xuvenil

Para nenos a partir de 4 anos

As ilustracións deste libro están feitas con hortalizas expresivas. Talláronse cun simple coitelo Exacto e realzáronse con outras materias naturais.


     
  

Que tal, canciño?
Saxton Freymann e Joost Elffers
Linteo Infantil e Xuvenil

Para nenos a partir de 4 anos

Para as ilustracións deste libro, os autores percorreron os mercados da área metropolitana de Nova York buscando hortalizas expresivas.

 

     
  

Que tal, vexetal? Alimentos con pensamentos
Saxton Freymann e Joost Elffers
Linteo Infantil e Xuvenil

Para nenos a partir de 4 anos

Todos os pais dan froitas e verduras aos nenos para que medren de xeito saudable e fortes. Agora por vez primeira, estes produtos da horta poden alimentar tamén o crecemento educacional dun neno. Que tal, vexetal? Alimentos con pensamentos introduce os cinco conceptos principais para todos os nenos precisan saber: formas, cores, números, letras e contrarios.

 

     
  

Un cabaliño de mar soíño
Saxton Freymann e Joost Elffers
Linteo Infantil e Xuvenil

Para nenos a partir de 4 anos

Con quen podes contar?
Se ti es un cabaliño de mar e estás soíño,
ten por seguro que haberá peixes amigos,
dous, tres -máis de dez-
para alegrarte.
Se ti es un neno con este libro no colo,
podes apostar polo libro máis brillante
e amigable de todos os sete mares.

 

     
  

A princesa que non podía durmir
An Leysen
Linteo Infantil e Xuvenil

Para nenos a partir de 4 anos

Mesmo a máis bela das princesas debe ir á cama pola noite.
Máis, que ocorre se unha princesa non pode durmir?
Por sorte, todo o mundo está disposto a axudala.
E inténtano con todo o que se lles ocorre:
contar ovellas, ler contos, cantar nanas...
Pero nada disto funciona.
Quen poderá conseguir que a princesa durma?

 

     
  

Comida rápida
Saxton Freymann e Joost Elffers
Linteo Infantil e Xuvenil

Para nenos a partir de 4 anos

"Os teus pes poden andar e correr e brincar,
pero son sempre o mellor para viaxar?
Se ti non respondes "si", outros xeitos hai aquí...
"

 

     
  

Guille e Botón
Saxton Freymann e Joost Elffers
Linteo Infantil e Xuvenil

Para nenos a partir de 4 anos

Todas as fotografías deste libro foron enteiramente compostas con alimentos. Debido á complexidade das imaxes e á rapidez con que as froitas e os vexetais cortados se descoloraban, esculpiuse e fotografouse cada obxecto por separado. Despois estas fotografías dixitalizáronse e pegáronse xuntas co ordenador.

     
  

Un anaco de pan
A piece of bread

Aída E. Marcuse
Linteo Infantil e Xuvenil

Para nenos a partir de 4 anos

A Colección Bilingüe é unha serie de libros que agrupa narracións infantís presentadas en galego e inglés, co fin de familiarizar e reforzar a correspondencia dos dous idiomas.

 

     
  

A miña avoa fala galego
My grandmother speaks Galician

Adela Basch

Linteo Infantil e Xuvenil

Para nenos a partir de 4 anos

A Colección Bilingüe é unha serie de libros que agrupa narracións infantís presentadas en galego e inglés, co fin de familiarizar e reforzar a correspondencia dos dous idiomas.

 

     
 

Don Quijote de la Mancha
(edición de bibliófilo)

Segundo Premio Nacional 2006 ao libro mellor editado na modalidade de libros de bibliofilia outorgado polo Ministerio de Cultura.
Con gravados calcográficos orixinais e pinturas de Ramón Pérez Carrió. Edición de Manuel e Francisco Ramos.


Novedades

EDICIONES LINTEO I Primavera, 4 - 32005 Ourense - España I TEL 988 247 864 - FAX 988 247 163 I E-MAIL: linteo@edicioneslinteo.com