De Luis Pimentel, unha das voces máis auténticas, delicadas e fermosas da poesía galega do século XX, ofrecemos o libro Barco sin luces, que, no seu día, abraiou e conmoveu a Dámaso Alonso; tamén ofrecemos o prólogo, entusiasta, que o propio Dámaso publicou en 1952, oito anos antes da primeira edición de Barco sin luces (Edicións Celta, Lugo, 1969). Hoxe, despois de corenta anos, publícase por segunda vez –como edición autónoma- este libro, que é de onte, de hoxe e de mañá.
O presente volume conta cun estudio de Xesús Alonso Montero, catedrático (emérito) de Literatura Galega na Universidade de Santiago de Compostela e autor de importantes traballos sobre o noso poeta, en especial o libro Luís Pimentel. Biografía da súa poesía (Edicións do Cumio, 1990).
Enriquece a edición unha carta facsímil de Pimentel sobre Barco sin luces escrita, un mes antes do seu pasamento, aos responsables da Editorial Monterrey (Vigo).
|