Dous fermosos libros de Ricardo Molina: Corimbo (premio Adonais, 1949) e Elegía de Medina Azahara (1957). Promotor, junto con Pablo García Baena e Juan Bernier, da innovadora revista “Cántico”, en cuxa dirección e continuidade será unha figura clave, gozou da amizade de Dámaso Alonso, quen lle dedicou unhas emocionadas e eloxiosas palabras á súa morte, reproducidas a xeito de “Pórtico” desta edición.
Unha esclarecedora introdución do profesor Clementson, da Universidade de Córdoba, gran coñecedor da obra moliniana (Ricardo Molina, perfil de un poeta), e os debuxos de Ginés Liébana, entre os que figura un retrato do propio Molina, enriquecen, sen dúbida, o valor desta edición.
|