É unha obra chea de sensualidade e erotismo que JRJ escribiu na soidade e retiro de Moguer entre 1911 e 1912, cando contaba trinta anos.
O coñecido platonismo de JRJ fíxose carne melodiosa en Libros de Amor e atopou, a través duns melodiosos e delicados alexandrinos asonantados, a canle apropiada para mostrar a fina e sensual voluptuosidade lírica dos variados amores do poeta anteriores ao seu matrimonio. Os poemas inéditos de Libros de Amor revelan a audacia dun JRJ erótico descoñecido ata agora, cuxos versos afástano aparentemente da súa famosa espiritualidade, ainda que en realidade resultan, no seu caso, sempre novas tentativas de aproximación ao absoluto.
|