Aínda que nacido en Brasil, Álvaro Alves de Faria (São Paulo, 1942), na actualidade, por circunstancias vitais das que o lector encontrará cumplida explicación na introdución do libro, séntese máis próximo á poesía de Portugal, na que cre encontrar unha expresión e un significado da existencia máis auténticos. Se Residuos reflicte a experiencia en prisión en 1969 – unha das moitas que sufriu cá ditadura instalada no seu país – con secuelas de dor e desesperanza, amosadas mediante unha linguaxe irracional e as veces surrealista, en Motivos ajenos a poesía é «a arma que nos salva de nos mesmos, do instinto de destrución cando do mundo non se espera máis que fastío e soidade». |