Vladímir Semiónovich Vysotski (Moscova, 1938-1980) foi cantante, compositor, poeta e actor. En cada unha das súas facetas, desempeñou unha gran influencia na cultura rusa de tal xeito que pode decirse que foi a conciencia do seu país durante os anos setenta. Como poeta, destaca non só polo seu atrevemento social, senón tamén pola súa valentía artística. O tratamento dos problemas cotiáns na súa poesía adquire unha dimensión filosófica, pero tamén lírica e por momentos tráxica cando non grotesca. E, á vez, o uso dunha linguaxe sinxela e coloquial fai que a mensaxe escondida entre liñas alcance ó lector de a pé e, polo tanto, a calquera lector. |