Naturizo, unhas pegadas misteriosas

    Naturizo, unhas pegadas misteriosas

    Naturizo, unhas pegadas misteriosas, é o novo proxecto literario de Alba de Evan e Xabier Domínguez que supón a publicación nº10 da colección Naturizo.

    Ambientada na serra de San Mamede, esta colección medioambiental, da continuidade ó traballo realizado polos autores para achegar a natureza ós máis cativos.

    Naturizo e a súa compañeira Amelia serán de novo os protagonistas dunha fermosa historia.

    Os nosos protagonistas atopan unhas pegadas misteriosas mentres pasean pola serra e comezarán unha investigación para atopar a súa orixe. Este traballo conta cun caderno que permite realizar actividades relacionadas co contido do libro.

    As páxinas deste libro son de novo unha ferramenta coa que os seus autores poñen en valor o patrimonio natural e cultural da provincia de Ourense.