Fisterra

    Relato curto en Galicia

    A entidade cultural "Amigos do libro galego /Artes e letras", constituída no mes de decembro de 2020, pon en marcha unha liña de actuacións entre as que destaca a publicación dun anuario do relato curto. Como punto de partida presenta Fisterra. Relato curto en Galicia, que saca á rúa Linteo Edicións. Conta coa participación de moitas das primeiras firmas da literatura galega. Este volume ofrece textos inéditos, por medio dos que o lector pode tomar o pulso da saúde literaria de Galicia no momento actual.
    Lonxe de facer unha lectura superficial, o recomendable sería contrastar estes relatos coa importancia que ten o conxunto da obra de cada autor. Detrás de cada texto hai unha preparación, unha traxectoria, unhas vivencias e unha experiencia que condicionan o estado actual, o momento anímico e creativo dos escritores. Polo tanto, este libro non ten máis que a pretensión de converterse nun chanzo ou nunha canle para pasar da literatura que se fixo ate agora á que empezará a agromar nas próximos semanas, meses, anos.
    Sen dúbida, o panorama é esperanzador. Destaca, como aspecto moi positivo, o pulo que está acadando a produción feminina, non só no eido da poesía, tamén no da narrativa. Aporta unha visión nova, con moita calidade, desbordando todos os rexistros. E isto só é o comezo, nunha literatura que representa como precursora, a nivel internacional, o talento de Rosalía de Castro.

    Colección
    Colección Aberta
    Materia
    Narrativa
    Idioma
    • Galego
    EAN
    9788412380149
    ISBN
    978-84-123801-4-9
    Páginas
    472
    Ancho
    14 cm
    Alto
    22 cm
    Edición
    1
    Fecha publicación
    11-04-2022
    Tapa blanda
    22,00 €

    Contenidos

    Autores

    Xavier Alcalá, Fran Alonso, Xosé María Álvarez Cáccamo, Diego Ameixeiras, Rosa Aneiros, Anxo Angueira, Carmen Blanco, Darío Xohán Cabana, Héctor Cajaraville, Marica Campo, María Canosa, X. M. del Caño, Paula Carballeira, Ramón Caride, Francisco Castro, Luz Darriba, Pedro Feijoo, F. X. Fernández Naval, Alberto Fortes, Carlos G. Reigosa, Úrsula Heinze, María López Sández, Andrea Maceiras, Xesús Manuel Marcos, Paco Martín, X. M. Martínez Oca, Marina Mayoral, X. L. Méndez Ferrín, Xosé Miranda, Estro Montaña, Eva Moreda, Olga Novo, Emma Pedreira, Elvira Ribeiro, Eli Ríos, Antón Riveiro Coello, Claudio Rodríguez Fer, Alfonso S. Palomares, Anxos Sumai e Rexina Vega.